Este sábado se celebra en Narón a festa da verbena

A concelleira de Festas, Natalia Hermida, presentou este mércores, día 24 de agosto, a festa da verbena, que se celebrará este sábado, día 27, no paseo marítimo de Xuvia.

O evento, con acceso libre, conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a través da convocatoria de subvencións de apoio ó sector da verbena, habilitada para incentivar a contratación de orquestras, tal e como recordou a edil naronesa.

O grupo Pekados será o encargado da sesión vermouth, que terá lugar de 13.30 a 15.00 horas e tamén do inicio da sesión festiva da noite, entre as 22.30 e as 24.00 horas. A continuación, ata as 02.00 horas, actuará a orquestra Los Players.

Hermida recordou tamén que o día anterior, o venres 26, se celebrará o concerto de Coque Malla nesa mesma ubicación, entre as 22.00 e as 24.00 horas, patrocinado pola Xunta de Galicia a través do Xacobeo 22.

“Esta será unha fin de semana de música e lecer no paseo de Xuvia e dende o Concello animamos ós nosos veciños e tamén a xente doutras localidades a desfrutar das diferentes actuacións”, asegurou a concelleira de Festas.

A edil incidiu tamén en que estes dous eventos suporán unha boa oportunidade para dinamizar o sector servizos e a hostalería da cidade de Narón

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …