Narón amplía o parque móbil da Policía Local con dúas novas motos

 
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presentou este luns, día 1 de agosto, xunto ó edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, e o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, as dúas novas motos con que contará o parque móbil do citado Corpo.
 
Trátase, tal e como indicou a rexedora local, de dúas Yamaha modelo Tracer 900, cun chásis deportivo de gran versatilidade, bastidor lixeiro de aluminio fundido, iluminación led completa e cun motor CP 3 de 890 centímetros cúbicos.
 
“As dúas motocicletas xa están operativas, polo que dende agora pasarán a percorrer as rúas da cidade”, asegurou a alcaldesa, que explicou que coa entrada en funcionamento das novas, daranse de baixa dúas motos antigas, que tiñan máis de vinte anos.
 
“O parque móbil da policía local queda formado por nove vehículos, de diferentes características e prestacións, ços que se suman estas dúas novas motocicletas”, apuntou.
 
O Corpo da Policía Local intégrano na actualidade un total de 38 axentes, aos que se suman dous que están realizando as súas prácticas estes meses na cidade, tal e como indicou Ferreiro.

Lea también

Inaugurada en San Xiao de Narón una imagen del Patrón tallada sobre un tronco por Carlos García

En la mañana de este domingo, día 28, el obispo de Mondoñedo-Ferrol Fernando García Cadiñanos, continuó …