Ampliación do prazo para visitar a exposición «Recordos do mundo», en Narón

A exposición “Recordos do mundo”, da naronesa Elena Macía, poderase ver ata o 5 de agosto na sala de exposicións da planta baixa da Biblioteca municipal.

Así o anunciou a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, que recordou que a mostra está formada por catorce pinturas, maioritariamente acrílicos e predominando as paisaxes entre as temáticas elixidas.

A edil naronesa destacou a traxectoria de Elena Macía, que se iniciou como autodidacta para posteriormente impartir clases de pintura a determinados colectivos e amosar as súas obras en diversas exposicións da comarca e tamén doutras comunidades.

Os centros cívicos sociais de Piñeiros e San Xiao acolleron xa mostras das pinturas da artista naronesa. A exposición pódese ver os luns e mércores en horario de tarde, de 18.00 a 21.00 horas, e de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 horas. Taibo animou á veciñanza de Narón e tamén doutros concellos a visitar a exposición, destacando a calidade dos cadros que se poden ver na mesma

Lea también

La Xunta licita por 1,6 millones las obras para convertir una entreplanta en Narón en 14 viviendas públicas

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ha dado un paso para ampliar el …