Ferreiro desprazouse á Solaina con motivo do inicio das obras de humanización do barrio

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, desprazouse onte ó barrio da Solaina con motivo do inicio das obras de humanización proxectadas na avenida principal.

A comezos deste mes presentouse no Centro Cívico Social da Solaina o proxecto deseñado para a zona, unha convocatoria na que se avanzaba que os traballos comezarían o martes 26 de xullo.  A rexedora local estivo acompañada por persoal da empresa adxudicataria das obras, Caricles, dos responsables do proxecto e da compañía de xardinería, que coordinaron o inicio da actuación.

Un equipo de operarios afanábase na tarde de onte no valado do primeiro tramo no que se acometerán os traballos, a parte final da avenida da Solaina, á altura da Escola Infantil Municipal, donde tamén se apreciaba o acopio de parte do material preciso para a intervención. Ferreiro e os responsables da empresa adxudicataria revisaron os planos e percorreron o tramo da primeira fase.

A alcaldesa recordou que “o Concello destina unha partida duns 720.000 euros á humanización da avenida da Solaina, unha intervención que nos permitirá habilitar a cota cero, ordenar os espazos de estacionamento e reservar máis espazo para os peatóns e zonas verdes”.

“Os peatóns gañarán espazo, ordenarase a zona de estacionamento e ampliaranse as zonas verdes en todo o vial, que incorporará áreas estanciais e que pasará a ter cota cero cunha plataforma única”, apuntou Ferreiro.

“Consideramos que á importancia de facer desta aveniza un espazo accesible, que é a prioridade deste proxecto, tamén se ofrecerán novas posibilidades para as superficies comerciais localizadas no tramo e incluso para revalorizalas, ó igual que as vivendas”, recalcou.

A rexedora local incidiu en que “tal e como indicamos dende un principio, as obras levaranse a cabo en varias fases, para minimizar as molestias derivadas da materialización dun proxecto destas características” e, ó tempo, pediu colaboración e desculpas á veciñanza da zona “polas molestias que inevitablemente ocasionarán os traballos, que trataremos de que sexan os mínimos”

Lea también

Inaugurada en San Xiao de Narón una imagen del Patrón tallada sobre un tronco por Carlos García

En la mañana de este domingo, día 28, el obispo de Mondoñedo-Ferrol Fernando García Cadiñanos, continuó …