Interrupcións en Narón no subministro eléctrico en varias rúas da zona urbana

A empresa Grupo Naturgy comunicou ó Concello de Narón interrupcións no subministro eléctrico de varias rúas da zona urbana para o vindeiro xoves, día 28.

Dende a compañía explicaron que a medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica para atender nas mellores condicións as necesidades de subministro na zona.

Os cortes están programados de 8.30 a 9.00 e dende as 14.00 ata as 14.30 horas, tal e como indicaron, e afectarán á estrada de Castela (números 868, 872, 874, 876, 878, 880, 882, 884, 888, 890, 900, 902 e 906), ó número 1 da rúa do Foro; á rúa Irmandade (números 1, 2, 4, 8, 12, 14, 21, 22, 24, 26, 30, 32 e 35); a Marcial Calvo (números 4, 6, 8, 10, 12, 14, 16, 18, 19, 20, 22 e 26) e á praza do Concello (números 1, 2, 3, 6, 7, 8, 9 e 10).

Dende a empresa subministradora solicitan desculpas polas posibles molestias ocasionadas.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …