Concentración en defensa do servizo de transporte público de viaxeiros

O Concello de Narón, xunto cos de A Capela, As Pontes, Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Monfero, Neda e Pontedeume, convoca unha concentración para a xornada deste mércores,día 20 de xullo, ás 20.30 horas, que se celebrará de xeito simultáneo diante dos respectivos Concellos.

No acto, tal e como se avanzou, procederase a ler un manifesto.

A través desta concentración instarase á Xunta a atender as reivindicacións dos usuarios deste servizo, que acumula unha serie de deficiencias, como a supresión de rutas e frecuencias, incumprimento e supresión de horarios, carencia de reforzos nas paradas con máis demanda, etc.

Dende o Concello de Narón a concelleira de Transporte Público, Mar Gómez, realizou un chamamento á cidadanía en xeral para que se sume a esta concentración e urxir as melloras que require o servizo para atender ás necesidades dos usuarios de cada localidade.

Lea también

Piden 24 años de prisión por abuso y agresión sexual a la hija de su pareja, en Narón

La Fiscalía solicita penas que suman 24 años de prisión para un hombre acusado de …