O BNG de Ferrolterra celebrou en Caranza a «Festa da Patria»

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrolterra celebrou na mañá deste venres, día 16, en Caranza a «Festa da Patria«, un acto no que as intervencións políticas misturaronse con actuacións músicais co obxectivo de facer unha chamanda à cidadania a celebrar o «Dia da Patria Galega» e na defensa da plena soberanía para o noso país.

As intevencións políticas que correron a cargo do portavoz municipal en Ferrol, Iván Rivas, do parlamentario galego, Mon Fernández, e de Noa Presas, membro da executiva nacional do BNG, centraronse en «reivindicar na necesidade de Galiza de dotarnos dun novo marco político, superando os límites constitucionais e estatutarios, que permita tomar as nosas propias decisións desde Galiza. Sermos donas e donos dos nosos recursos enerxéticos, económicos e produtivos, e poñelos ao servizo da nosa sociedade, para podermos vivir dignamente do noso traballo. Rematar coa sangría migratoria da nosa mocidade. Frear o espolio do noso país co “boom eólico”, e instaurar unha tarifa eléctrica galega, beneficiosa para as persoas e a actividade económica propia».

Neste acto que finalizou cunha sesión vermú, coa música de Xoán Padín, o BNG fixo un chamamento a secundar a manifestación nacional convocada polo BNG o vindeiro 25 de xullo na cidade de Compostela e animaron a cidadanía a colgar a bandeira de Galiza nas xanelas e balcóns.

Lea también

Ferrol en Común critica la “falta de empatía” del gobierno local con los vecinos en el pleno

En la tarde de este jueves tuvo lugar el pleno ordinario del mes de enero …