Ferreiro clausura o I Curso de Verán “Enerxías renovables” do Campus Industrial de Ferrol

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, clausurará este xoves, día 14 de xullo, no Pazo da Cultura a primeira edición do Curso de Verán “Enerxías Renovables”, promovido polo Campus Industrial de Ferrol.

A rexedora local estará acompañada pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla e a directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Isabel Ares.

Así mesmo, na convocatoria estará presente o conferenciante e profesor da Universidade da Coruña Luis Montenegro, que será o encargado de impartir unha conferencia sobre “Enerxías renovables: situación actual e perspectivas de futuro”, a partir das 20.00 horas no Café Teatro do Pazo.

A convocatoria está aberta ó público e pechará un ciclo iniciado o pasado 3 de xuño e que se desenvolveu nos concellos de Ferrol, Valdoviño, As Pontes, As Somozas e San Sadurniño, donde se convocaron ponencias con profesionais da UDC que abordaron o tema das enerxías renovables, co obxectivo tamén de achegar o campus industrial de Ferrol á súa contorna a través destas propostas.

Unha vez remate a conferencia, sobre as 21.00 horas, terá lugar o acto oficial de clausura.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …