Xoves 7 de xullo de 2022
Actividade: “Cine de Verán” Hora: 22.30 Lugar: praza da Gándara
A Praza da Gándara acollerá a primeira das sesións, de balde, do programa municipal “Cine de Verán”, dirixido a público familiar e infantil. Proxectarase o filme “Trolls 2: Xira mundial”. O Concello organiza a convocatoria a través do Padroado da Cultura e en colaboración coa Deputación da Coruña.
Venres 8 de xullo de 2022
Actividade: “Cine de Verán” Hora: 22.30 Lugar: rúa Francisco Pizarro (A Solaina)
A segunda das películas do ciclo “Cine de Verán” organizado dende o Concello de Narón, a través do Padroado da Cultura e coa colaboración da Deputación da Coruña, será “Trasto”, con entrada de balde.
Actividade: “Noites á fresca” Hora: 22.30 Lugar: Inmediacións da magnolia centenaria de Xuvia (Paseo marítimo de Xuvia)
“Uxía & Sérgio Tannus” protagonizarán o primeiro dos concertos do programa “Noites á fresca”, impulsado polo Concello. A música galega e os ritmos brasileiros uniranse neste espectáculo cunha posta en escena moi coidada, en iluminación e son, xunto á magnolia centenaria de Xuvia. A entrada é de balde.
Sábado 9 de xullo de 2022
Actividade: “Noites á fresca” Hora: 22.30 Lugar: Inmediacións da magnolia centenaria de Xuvia (Paseo marítimo de Xuvia)
O quinteto zaragozano “Tachenko” actuará na segunda xornada de “Noites á fresca”, donde presentará o seu último disco, “Las discotecas de la tarde”.
Domingo 10 de xullo de 2022
Actividade: “Verde que te quero verde” Hora: 12.30 Lugar: rúa 25 de Xullo (O Alto)
Os divertidos directos da formación musical “Caldo” e “Pitusa Semifusa”, o proxecto de Olga Brañas, protagonizarán a segunda sesión doprograma municipal “Verde que te quero verde”. A entrada é de balde.