Lenda Ártabra e Treixadura amenizan a churrascada e sardiñada de San Xiao, Narón

O entorno do Centro Cívico Social de San Xiao acollerá o vindeiro 25 de xuño unha serie de actos con motivo da festividade do San Xoán organizada dende o Concello de Narón, a través do Padroado da Cultura, e a AVV “Ceibe” San Xiao.

A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, e José Franco, membro da citada entidade veciñal, presentaron os actos que se levarán a cabo durante a xornada.

As persoas que se acheguen á zona poderán desfrutar a partir das 18.00 horas dunha sesión de xogos populares, interxeracionais, para que participen persoas de todas as idades. O apartado gastronómico dará comezo ás 21.00 horas, cunha sardiñada e churrascada populares organizadas dende a AVV “Ceibe” de San Xiao.

O prezo do churrasco será de 10 euros para os socios da entidade e de 12 para o resto e o das sardiñas dun euro por dúas unidades, en ambos casos con viño, pan e café. José Franco anunciou que a vindeira semana, concretamente o martes 21, mércores 22 e xoves 23 de xuño, poderanse adquirir os tickets no local social de San Xiao, en horario de 18.30 a 20.30 e que, tal e como explicou, tamén se poderán adquirir o mesmo día 25 dende as 17.00 ata as 20.00 horas na zona do campo da festa de San Xiao.

A través do Padroado da Cultura organizáronse os dous concertos que se programaron para a ocasión, a partir das 21.30, con música popular a cargo das formacións Lenda Ártabra e Treixadura.

A alcaldesa felitiou á Asociación de Veciños “Ceibe” de San Xiao polo traballo que realizan ó longo do ano e, en particular nesta ocasión, para manter esta cita gastronómica e musical na parroquia. Xunto co presidente da entidade, Ferreiro animou ós veciños a acudir a esta celebración, para desfrutar dunha tarde de xogos, cun apartado gastronómico e musical pola noite

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …