Olaia Ledo elexida por unanimidade candidata ás municipais 2023 polo BNG en Narón

Olaia Ledo, membro da executiva nacional do BNG e portavoz municipal en Narón repetirá como candidata do BNG na octava poboación do país se, no vindeiro consello nacional do BNG do 18 de xuño, aproban a que xa é a proposta en firme da asemblea naronesa. O bloque convértese así «na primeira organización da localidade en decidir oficialmente a vindeira candidata ás eleccións municipais»

Marta Grandal, responsábel local, presentou a proposta saída do consello da formación para que a militancia nacionalista votase e, o concelleiro Geno Carballeira, quen explicou á que considera «a mellor candidata que pode ter Narón e o BNG. Traballadora, con criterio e cun proxecto firme e necesario para Narón».

«Os que traballamos con ela só podemos dicir que aprendemos todos os días de como facer política de altura, que nos fai ser mellores e que sempre está para que avancemos, sacarnos da zona de confort e todo para que Narón e Galiza sexan mellores» «Ademais, coñece cada recuncho deste concello e aóseu lado sabes que imos gañar o futuro para todas as naronesas e naroneses” indica Geno Carballeira. A proposta saíu con todos os votos a favor.

Olaia Ledo Díaz

Militante nacionalista desde os 17 anos, forma parte da Executiva Nacional do BNG desde o 2016, formando parte da estratexia actual do BNG e do ascenso electoral nacionalista desde que Ana Pontón é portavoz. Con ela, nas pasadas eleccións o BNG da localidade subiu en votos e en porcentaxe dándolle á volta á tendencia de oito anos de baixadas electorais.

Nestes tres anos como portavoz municipal, o BNG no concello de Narón «defendeu numerosas propostas como a creación dun CIM (Centro de Información á Muller), coidado do patrimonio, melloras laborais nas empresas municipais, ser Narón parte da entidade de “cidades que camiñan”, accesibilidade universal, actuacións directas sobre o espazo público, promover o deporte de base ou poñer o foco na atención a domicilio en Narón entre moitas outras»

Ademais, o BNG da localidade «asumiu campañas de traballo na rúa e accións como a limpeza do río Xuvia e da ría, alegacións a parques eólicos que afectan a Narón ou recollida de sinaturas para mellorar os servizos do centro de saúde e a creación dunha residencia de maiores pública para a cidade»

Traballadora autónoma no sector audiovisual e no marketing, participou na premiada película “Nación” preseleccionada ós Goya e Mestre Mateo como mellor documental no que ela foi directora de produción. Quenes a coñecen defínena «como inconformista, moi traballadora e tremendamente optimista»

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …