Presentación do poemario «Terra e mar» de Manuel Cendán en Narón

A Biblioteca municipal de Narón acollerá este mércores, día 15, ás 19.00 horas, o acto de presentación do libro “Terra e mar”, do naronés Manuel Cendán.

A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, presentará o acto, no que o autor falará sobre a publicación coas persoas que desexen acudir, estando aberto ó público en xeral ata completar o aforo da sala.

“Terra e mar”, publicado pola editorial Balea, é o segundo libro de poesía de Manuel Cendán, con varios poemas de contido social e que tamén trata os temas do amor e o desamor. O autor colabora ademáis en medios de prensa escrita como articulista e está vencellado ós movementos sociais

Lea también

Narón celebra na Campa do Trece a 26ª edición do Oenach Atlántico, declarada de Interese Turístico de Galicia

A parroquia naronesa de Sedes converterase do 31 de xullo ao 2 de agosto no …