Xornada de produtos pesqueiros innovadores en Narón

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e Javier Castro, en representación da Asociación de Percebeiros de Meirás, presentaron este venres, día 10 de xuño, a Xornada de produtos pesqueiros innovadores, con degustación de sushi incluída.

O edil naronés avanzou que se poden anotar todas as persoas interesadas a través do correo me.mendez@naron.es , donde tamén se ofrecerá información sobre esta convocatoria, que terá lugar o vindeiro 17 de xuño, ás 19.00 horas, nas instalacións da Fundación Terra de Trasancos, no Val.

Pita explicou que un experto en elaboración de sushi e outro en calidade e seguridade alimentaria serán as persoas encargadas de expoñer os diferentes requisitos e normativas en vigor para a elaboración de sushi e sashimi. A maridaxe, indicou, realizarase con viños galegos e un dos obxectivos é innovar con produto local na elaboración destas propostas.

O representante da Asociación de Percebeiros de Meiras destacou a relevancia desta convocatoria e a aposta do Concello por poñer en valor o sector do mar a través do programa “Narón emprende en azul”.

O edil naronés destacou tamén o feito de que é unha iniciativa pensada para aquelas actividades vencelladas co sector pesqueiro e marisqueiro, nas áreas de venda e comercialización, pero que está aberto á cidadanía en xeral. “É moi importante de cara á nova lei de sanidade sobre comercialización de produtos elaborados”, destacou.

A convocatoria forma parte das actividades realizadas con cargo ó Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, a Xunta de Galicia e a Consellería do Mar.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …