A compañía GG Producción Escénica traerá a Narón este venres, día 10 de xuño, ás 20.30 horas, e o sábado 11, ás 20.00, a obra “Los santos inocentes”, unha adaptación da recoñecida obra do escritor Miguel Delibes e dunhas dúas horas de duración.
As persoas que desexen acudir ó Pazo a este espectáculo poden adquirir as últimas entradas no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura. O prezo é de 20 euros para o público xeral e de 14 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).
O actor Javier Gutiérrez forma parte do elenco desta peza, na que tamén están Marta Gómez, Luis Bermejo, Jacobo Dicenta e Raquel Varela, entre outros. A través desta historia devólvese o reflexo do noso pasado para poder explicar o presente.