Mostras fotográficas adicadas ó pobo xitano de Narón

A sala de exposicións da Biblioteca de Narón, na planta soto, acolle dende o luns, día 6 de xuño, e ata o día 18 dúas mostras fotográficas adicadas ó pobo xitano de Narón: “Somos xitanos e xitanas de Narón e esta é a nosa historia” e “Homenaxe ó pobo xitano de Narón”.

A concelleira de Benestar Social, Catalina García, visitou este martes, día 7 de xuño, a mostra e recordou que estas imaxes xa se puideron ver o pasado mes de abril no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, con motivo da programación do Día Internacional do Pobo Xitano.

A edil indicou que as mostras se poderán ver ata o vindeiro 18 de xuño nas citadas instalacións, de luns a venres en horario de 17.00 a 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

Na mostra “Somos xitanos e xitanas de Narón e esta é a nosa historia” pódense ver diferentes fotografías de persoas de etnia xitana da cidade, mentres que a de “Homenaxe ó pobo xitano de Narón” está integrada por imaxes de entrevistas interxeracionais e interculturais a persoas de etnia xitana e tamén doutras culturas.

García animou á veciñanza a visitar esta mostra, que ten entre os seus obxectivos “visibilizar e poñer en valor a cultura xitana co fin de reivindicar a plena integración do colectivo na sociedade, que lamentablemente aínda non é unha realidade”.

Lea también

La AVV de Piñeiros Narón convoca una reunión para tratar la mejora de la seguridad vial de la carretera do Feal

  José Francisco Pita presidente de la Asociación Vecinal de Piñeiros expone a través de …