Obradoiros «Conéctate á rede» en Narón

A edil de Benestar Social, Catalina García, recordou que permanece aberto o prazo de inscrición nos obradoiros “Conéctate á rede”, con carácter de balde e dirixidos a persoas maiores da cidade.

A actividade forma parte das convocadas a través do Programa Municipal de Envellecemento Activo e a súa finalidade é, tal e como apuntou García, “que aprendan a manexar as diferentes funcións dos teléfonos móbiles, o que lles será moi útil para relacionarse a través deles con familiares, amizades e mesmo coas administracións”.

Nas sesións, que se imparten na zona urbana e rural, teñen unha duración de dúas horas ó día, 20 en total, e nas mesmas explícanse temas como o xeito de utilizar os smartphones, como son, iconas da pantalla, gardar números na axenda, realizar fotos e vídeos, acceder a internet e configurar o correo electrónico, descargar e instalar aplicacións, aplicacións recomendadas para persoas maiores…

Os obradoiros rematarán en novembro deste ano e desenvólvense en centros cívicos sociais e locais sociais, donde se poden presentar as solicitudes ata completar as prazas ofertadas e tamén solicitar máis información sobre os mesmos.

Lea también

La AVV de Piñeiros Narón convoca una reunión para tratar la mejora de la seguridad vial de la carretera do Feal

  José Francisco Pita presidente de la Asociación Vecinal de Piñeiros expone a través de …