O Pazo da Cultura de Narón acolle a XXII Correlingua 2022

O Pazo da Cultura de Narón acolleu o martes, día 31 de maio, a vixésimo segunda edición do Correlingua, unha proposta de carácter lúdico-educativo impulsada p

ola CIG Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, ademais de administracións públicas, entre elas o Concello de Narón.

A convocatoria retomou este ano a modalidade presencial, tralas últimas dúas citas marcadas pola situación sanitaria derivada da pandemia. A alcaldesa, Marián Ferreiro, estivo presente no acto, que se dividiu en dúas quendas e ó que acudiron preto de 1.400 escolares de centros de ensino maioritariamente de Narón pero tamén de Ferrol e Neda, acompañados de persoal docente e representantes da organización.

O lema elixido para a actual edición desta convocatoria foi “Fálame!” e desenvolveuse en dúas quendas, unha de 10.00 a 11.00, á que acudiu alumnado dos CEIP Ponte de Xuvia e Virxe do Mar, de Narón, e do Isaac Peral de Ferrol. Na segunda quenda, de 11.45 a 13.00 horas, estivo presente alumnado do CRA de Narón (Domirón, Sedes e O Val), dos CEIP Piñeiros, A Solaina de Narón e tamén do Terra de Ferrol e A Laxe, de Ferrol e dos CEIP San Isidro e Maciñeira, de Neda.

A actriz galega Isabel Risco foi a encargada de presentar o acto e de ler o manifesto deste ano, para a continuación comezar a actuación musical de Paco Nogueiras. O mesmo programa repetiuse nas dúas quendas, nas que a alcaldesa da cidade se dirixiu aos asistentes para agradecerlles a súa implicación e colaboración e incidir na importancia de “conservar a nosa lingua, que é parte do noso patrimonio e que debemos usar para garantir o seu futuro”.

Ferreiro agradeceu o traballo da presentadora do evento e tamén felicitou a Paco Nogueiras polo seu espetáculo, ó tempo que destacou o traballo de CIG Ensino, A Mesa e AS-PG á fronte da organización. “É un pracer poder colaborar dende o Concello nun evento destas características, sobre un tema co que temos un gran compromiso nesta cidade”, recalcou a rexedora local, que emprazou ao público á vindeira edición deste evento.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …