O Concello de Narón participa na campaña «Primavera no Camiño Inglés»

A concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, anunciou que o Concello de Narón estará presente nunha nova xornada da campaña Primavera no Camiño Inglés impulsada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés en colaboración coa Deputación da Coruña.

O evento terá lugar na Alameda de Góis, en Sigüeiro (Concello de Oroso), o vindeiro sábado 4 de xuño, en horario de mañá e tarde, dende as 10.45 ata as 21.00 horas.

Hermida avanzou que o Concello contará cun stand informativo nesa localización, no que se ofrecerá información sobre a guía de turismo “Narón para os teus ollos”, as rutas turísticas de “Pena Molexa-Monte da Lagoa”, “Ruta dos muíños”, a do tramo do Camiño Inglés que discurre polo termo municipal, cunhas seiscentas prazas hoteleiras. A maiores, tamén se proxectarán no stand naronés vídeos promocionais da cidade.

Actividades gastronómicas, culturais, baile, música, obradoiros de balde para nenos, un mercado de artesanía, elaboración dun graffiti durante todo o día, presentación de eventos… forman parte do programa, cuxa inauguración institucional se fixou para as 12.30 horas.

A programación estrutúrase en tres espazos: un institucional e de feira turística, outro lúdico e un terceiro gastronómico e de mercado artesanal, tal e como avanzaron dende a organización. A programación ó completo pode consultarse a través da web: www.caminoingles.gal

Lea también

Lidl alcanza las 40 tiendas en Galicia con su nueva apertura en Narón

Lidl abrirá este viernes su primera tienda en la localidad coruñesa de Narón, estreno con …