A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha nova charla da iniciativa “Venres de consumo responde”.
O tema a abordar este venres, día 27 de maio, a partir das 12.30 horas, será o de “Servizos de telefonía e internet”, segundo avanzaron dende a organización.
Para poder participar é preciso entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto, da páxina principal, á esquerda, que indica “Venres de consumo”.
Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e tan só será preciso premer na ligazón habilitada para acceder á mesma. No caso de non ter instalado Webex haberá que premer no apartado “Únase dende o navegador”, dende donde se poderá acceder á reunión.