O programa autonómico «Coidados porta a porta» chega a Narón

A Xunta de Galicia informou ó Concello, a través da Consellería de Política Social de que o servizo do programa “Coidados porta a porta” chegará a vindeira semana á cidade, concretamente os días 30 e 31 de maio e o 1 e 2 de xuño.

Trátase dunha proposta autonómica dirixida ás persoas maiores da cidade e a través da que se ofrecen unha serie de recursos de atención sen desprazarse do seu municipio, estando ubicado neste caso nas inmediacións do novo centro de saúde de Narón.

Na unidade móbil que se desprazará á cidade realizaranse revisións e valoracións auditivas, prestaranse servizos de podoloxía e realizaranse tamén probas de valoración cognitiva e exercicios de estimulación para previr o alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, tal e como se indicou dende a Xunta.

O servizo estará operativo os catro días da vindeira semana en horario de mañá e tarde, ininterrompido, de 9.00 a 20.00. As persoas que o desexen pode solicitar cita previa ou máis información a través do número de teléfono 622 748 283 ou do mail: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Lea también

Narón acolleu durante dúas semanas a XII Edición do Campus Hockey Coruña

Narón acolleu dende o pasado 26 de xuño a XII Edición Campus Hockey Coruña Bargalló …