Obradoiro «Debuxar textos e ler debuxos con Florencio Delgado» en Narón

A Biblioteca municipal  de Narón abre este martes, día 24 de maio, ás 16.00 horas, o prazo de inscrición no obradoiro “Debuxar textos e ler debuxos con Florencio Delgado”, dirixido a público infantil (a partir de 6 anos), xuvenil e adulto e que impartirá Sheila García.

A edil responsable da área de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que a actividade se levará a cabo este sábado ás 11.00 horas nas instalacións da Biblioteca municipal.

Os poemas de Florencio Delgado e a técnica dos caligramas permitirán descubrir ós participantes a importancia das artes como medio de expresión. Cada persoa deseñará a súa propia bolsa de tea, contribuíndo á sensibilización ambiental e á creación de conciencia en materia medioambiental entre os menores.

A proposta enmárcase no programa de actividades deseñado dende o consistorio para homenaxear a figura do autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, a quen este ano se adicou o Día das Letras Galegas.

Para poder asistir é preciso apuntarse dende o citado martes ás 16.00 horas, ata esgotar prazas, de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ó número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …