Unha unidade de ADOS estará a vindeira semana en Narón

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará os vindeiros luns 23 e martes 24 de maio, na cidade, concretamente nas inmediacións do centro de saúde do Alto. O vehículo permanecerá operativo en horario de mañá, de 9.30 a 14.30 e tamén pola tarde, de 15.30 a 21.00 horas.

As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo.

Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ó médico se se está tomando algún medicamento.

Lea también

Narón celebra na Campa do Trece a 26ª edición do Oenach Atlántico, declarada de Interese Turístico de Galicia

A parroquia naronesa de Sedes converterase do 31 de xullo ao 2 de agosto no …