Representación en Cerdido da obra “A máquina do tempo” co gallo das Letras Galegas

Grupo de Teatro Gazafelhos conseguiu encher a sala de teatro de O Castro facendo as delicias de nenos e maiores con unha representación maxistral dentro das actividades organizadas polo Concello de Cerdido co gallo das Letras Galegas.

As actividades continuarán esta semana trasladándose ó Ceip de A Barqueira con teatro e talleres de xogos e tamén a entrega dos premios do Concurso “Contos de Cerdido”

O concello, coa colaboración da Deputación da Coruña, tamén organizará unha actividade especial  no CEIP da Barqueira para que tódolos nenos sexan partícipes dunha xornada de celebración.

Este mércores 18 de maio ás 10.30 no Ceip A barqueira o grupo de teatro “La guagua” fará unha representación teatral para o alumnado de primaria e para o nenos de infantil farase un taller de xogos máis adaptado as súas idades.

No mesmo acto farase entrega dos premios do XXII Concurso de Contos do Concello de Cerdido, concurso convocado co gallo de celebrar o día do libro o pasado 23 de abril.

Lea también

Se pide una pena de 10 años por un delito de violación. La víctima presentó denuncia en la Comisaria de Ferrol-Narón

Una pena de diez años de prisión es la que solicita la Fiscalía para un …