O Plan Camiña Rural da Xunta mellora en Cerdido o viario Freis-Vilarelle

Estas axudas están destinadas ao financiamento de actuacións de ampliacións ou mellora dos camiños que formen parte da rede viaria de acceso a unha ou a varias entidades de poboación.

Camiña Rural Cerdido aneiros

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada pola directora territorial da Consellería do Medio Rural, Nieves Mancebo, e do alcalde de Cerdido, Alberto Rey, comprobou este martes as actuacións de mellora de camiños executadas ao abeiro do Plan Camiña Rural neste concello, concretamente no viario Freis-Vilarelle, onde se procedeu á aplicación dunha dobre capa de rego asfáltico con cargo á convocatoria pasada, na que se lle recoñeceu unha achega de preto de 59.000 euros.

Durante esta visita a un tramo do vial, Aneiros destacou os máis de 1,1 M€ que a administración autonómica investiu na mellora de infraestruturas viarias en 18 concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal a través do Plan Camiña Rural 2025-2026. Estas achegas están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 de España e os seus beneficiarios son todos os concellos galegos que, con cargo a estas axudas, poderán acometer traballos de ampliación ou mellora nos camiños que formen parte da rede viaria de acceso a unha ou a varias entidades de poboación.

A delegada territorial destacou a importancia destas subvencións, salientando a importancia “de apoiar ao noso rural e a todo o tecido empresarial e social que alberga, algo que pasa por manter os seus camiños nunha condicións óptimas para o seu uso”.

Lea también

Valdoviño amplía el servicio de salvamento en la playa de A Frouxeira

Los socorristas continúan en el arenal hasta este domingo 6 de septiembre de 12 a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *