Os Casás celebra a 16ª Malla Tradicional para reivindicar os labores agrícolas artesanais

foto de archivo

A Asociación Restauración de Os Casás organiza, coa colaboración do Concello de Cerdido, a 16ª edición da Malla Tradicional de Os Casás, que terá lugar este sábado 29 de agosto. Este evento festivo e etnográfico ten como obxectivo principal manter viva a memoria do rural e poñer en valor os oficios tradicionais que forman parte do patrimonio cultural do municipio.

 

 

A programación arranca ás 11:00 horas coa recreación da malla tradicional, onde os asistentes poderán presenciar de primeira man como se realizaban estes traballos do campo de xeito artesanal. Ao remate do labor, ás 14:00 horas, dará comezo a sesión vermú amenizada polo grupo Jalisco, que poñerá o ritmo musical antes do xantar.

Ás 15:00 horas celebrarase a tradicional comida popular, cuxo menú inclúe entremeses, empanada, churrasco, bebida, sobremesa e café por un prezo de 26 euros por persoa.

A celebración continuará durante toda a tarde e a noite cunha intensa xornada de festa rachada, novamente coa animación musical de Jalisco, garantindo o bo ambiente e o baile para todos os asistentes ata o peche da xornada.

 

Lea también

Neda abre o martes 13 as inscricións para o seu tradicional Magosto da terceira idade

Neda comezo os preparativos do seu Magosto da terceira idade. O Concello abre, a partir …