Cuestación da Asociación Española Contra o Cancro en Narón

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, participou o xoves, día 12 de maio, na cuestación impulsada pola Asociación Española Contra o Cancro co fin de incrementar a supervivencia nas persoas que padecen esta enfermidade.

“Fai da loita contra o cancro a túa bandeira” é o lema da convocatoria, a través da que se solicitan doazóns para impulsar a investigación oncolóxica.

Traballadores da AECC e persoal voluntario colaboran na iniciativa, informando á cidadanía sobre o traballo da asociación. No caso de Narón, o punto da Asociación Española Contra o Cancro instalouse no interior do Centro Comercial Narón, no Alto do Castiñeiro. Dende o colectivo indicaron que se pode doar a través da páxina: dona.contraelcancer.es e tamén a través de Bizum, co código 11244 e o concepto “Coruña”. A campaña difúndese nas redes sociais utilizando o hashtag: #BanderaContraelCáncer.

Ferreiro eloxiou o labor que desenvolve a Asociación Española Contra o Cancro coas persoas que padecen esta enfermidade e tamén coas súas familias e destacou a importancia de «colaborar sempre que sexa posible para que se destinen máis fondos á investigación oncolóxica e alcanzar o reto da AECC dunha supervivencia do 70% no ano 2030 e, no caso de ser posible, que esa porcentaxe sexa moito maior»

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …