Actividades en Cerdido co gallo do Día das Letras Galegas

Achégase o día de celebración da nosa lingua, o 17 de maio, día das Letras Galegas. Este ano estará adicado a Florencio Delgado Gurriarán, fío condutor co exilio en México.

A Real Academia Galega, destaca que Gurriarán foi un excelente poeta, cultivador dun galego característico das terras de Valdeorras e que con esta elección pretende homenaxear a Galicia do exilio republicano en México.

O Concello de Cerdido quere sumarse a esta celebración cultural coa organización de dúas actividades. A primeira terá lugar este sábado 14 de maio na Área Recreativa O Castro a partir das 18:00 horas cunha representación teatral do grupo Ghazafelhos que sempre nos fan pasar unhas xornadas divertidas grazas ó seu bo traballo.

Esta actividade é completamente gratuíta e pode asistir calquera persoa que o desexe. A obra está indicada para público de tódalas idades polo que vos convidamos a achegarvos ata O Castro e desfrutar da que será unha xornada especial.

O concello, coa colaboración da Deputación da Coruña, tamén organizará unha actividade especial no CEIP da Barqueira para que tódolos nenos sexan partícipes dunha xornada de celebración.O mércores 18 de maio ás 10.30 no Ceip A barqueira o grupo de teatro “La guagua” fará unha representación teatral para o alumnado de primaria e para o nenos de infantil farase un taller de xogos máis adaptado as súas idades.

No mesmo acto farase entrega dos premios do XXII Concurso de Contos do Concello de Cerdido, concurso convocado co gallo de celebrar o día do libro o pasado 23 de abril.

Lea también

IV edición do concurso de pinchos “Saborea Cerdido”

O Concello de Cerdido acolle a IV edición do concurso de pinchos “Saborea Cerdido”, que …