Representación da peza teatral “Rilla-Rilla” en Cedeira

O público familiar é o destinatario da peza teatral “Rilla-Rilla” que a compañía Xarope Tulú vai representar este sábado, día 7, ás 19.00horas, no Auditorio Municipal de Cedeira

O espectáculo xira ó redor da nosa lingua e a súa variedade dialectal e pon o foco na idiosincrasia propia do idioma á que poucas veces prestamos atención.

“Rilla-Rilla” é unha obra dinámica na que se apañan palabras coma se fosen berberechos, se viaxa polo seseo e os rotacismos e na que o público pasa a ser protagonista desde o primeiro momento.

A peza de Xarope Tulú está dirixida e interpretada por Atenea García, fundadora desta compañía comprometida coas linguaxes escénicas dirixidas á infancia e á mocidade.

As entradas terán un prezo de 2,5€.

Lea también

Orcas arremeten de nuevo contra un velero, que necesita ser remolcado a 13 millas de Cedeira

Un grupo de orcas ha arremetido de nuevo contra un velero en Galicia este viernes, …