Listaxes provisionais de admisión de menores nas escolas infantís municipais de Narón

Os pais que solicitaron por primeira vez a admisión dos seus fillos , de 0 a 3 anos, nas escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara ou Piñeiros para o curso 2022/2023 poden consultar os listados provisionais a través da páxina web do Concello de Narón (http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/escuelas_infantis/), nas propias escolas infantís e tamén no Concello, a través do Rexistro Municipal (na entrada) ou do Servizo Sociocomunitario (no primeiro andar).

A edil de Ensino, Mercedes Taibo, informou que se abre un prazo de reclamacións a este listado provisional, que remata o vindeiro 14 de maio e que se poden tramitar a través do Rexistro municipal, de 8.30 a 13.30 horas de luns a venres, e tamén na Sede Electrónica do Concello de Narón

Para o vindeiro curso escolar rexistrouse lista de agarda na opción de 1 a 2 anos das tres escolas infantís municipais, tal e como indicou Taibo. A concelleira explicou que unha vez rematado o prazo de exposición pública para realizar alegacións procederase a elaborar as listaxes definitivas para, posteriormente, formalizar as matrículas do vindeiro curso.

As escolas infantís municipais abren as súas portas en horario de 7.30 a 20.00 horas.

Lea también

La AVV de Piñeiros Narón convoca una reunión para tratar la mejora de la seguridad vial de la carretera do Feal

  José Francisco Pita presidente de la Asociación Vecinal de Piñeiros expone a través de …