A sala de exposicións da planta soto da biblioteca municipal de Narón acollerá dende o vindeiro martes, día 3, ata o 31 de maio, a mostra “Xeitos”, integrada por unha colección de 34 fotografías realizadas por dezasete autores do Grupo Bazán.
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que a exposición se poderá ver de luns a venres entre as 17.00 e as 20.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas
Alejandro Martínez, Antonio Carrete, Bea Rodríguez, Carlos Cruz, Chus Villamar, David Souto, Fer Cendán, Fran Suárez, Gelis López, José Amigo, Luis Losada, Luz González, Marcos García, Miguel Llano, Mónica Lorenzo, Pablo Mauriz e Pepe Botella.
Todos eles forman parte do Grupo Bazán, unha entidade con máis de catro décadas de historia que contribúe a promocionar o deporte e a cultura e que creou a sección de fotografía no ano 1994. Durante este tempo o grupo foi desenvolvendo diversas actividades, cursos, debates, exposicións…, formou a numerosas persoas e difundiu a cultura fotográfica na comarca de Ferrolterra.
Taibo animou ós veciños a acudir a ver as fotografías desta mostra, destacando o traballo do Grupo Bazán. Para consultar máis información pódese consultar a web: www.grupobazan.es