Charla aberta «Como reclamar empregando o Asistente de reclamacións de consumo»

A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla da iniciativa “Venres de consumo responde”.

A convocatoria será este venres, día 29 de abril, ás 12.30 horas e abordarase o tema de “Como reclamar empregando o Asistente de reclamacións de consumo”.

Aquelas persoas interesadas en participar na convocatoria deben acceder á web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto da páxina principal, á esquerda, que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón entrará na aula de videoconferencia e tan só será preciso premer na ligazón habilitada para acceder á mesma.

Lea también

Xa á venda os tickets para a sardiñada da Noite de San Xiao en Narón con actuación de De Ninghures

O sábado 27 de xuño, a contorna do centro cívico social de San Xiao converterase …