IV Festival Internacional de coros, Narón

O Padroado da Cultura de Narón e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, organizan a cuarta edición do Festival internacional de coros que terá lugar este sábado, día 23, no Auditorio municipal, na Praza de Galicia

A cita será a partir das 18.00 horas, e na mesma, tal e como indicou o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, actuarán o Coro Peque Solidarium e o Coro da Capo do Concello de Narón, o coro Amigos de la Ribera, de Asturias, o coro de San Fernando de Sestao, de Euskadi, e a Coral da Sociedade Cultural Areosa (Narón).

A entrada a este evento musical é de balde, tal e como indicaron dende a organización.

Lea también

O Festival Internacional de Entes Animados inicia este novo ciclo a través do Padroado da Cultura de Narón

A alcaldesa de Narón e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, participou en Ferrol …