«XXXI Certame Intercentros-Concello de Narón»

Un total de 405 alumnos de centros de ensino públicos da cidade de Narón desprazaranse este venres, día 22 de abril, ó Pazo da Cultura para presentar os traballos dunha das modalidades, a de Expresión oral, da trixésimo primeira edición do Certame Intercentros-Concello de Narón.

A edil de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que a través desta convocatoria, “un ano máis, despois de dous de parón debido á pandemia da covid-19, recuperamos esta cita concebida para dinamizar ao alumnado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas”. Taibo destacou o papel do centro organizador deste ano, o CEIP da Solaina, que traballou en coordinación do Concello naronés neste evento.

Escolares dos colexios da Solaina, Piñeiros, O Feal, Ponte de Xuvia, A Gándara, Virxe do Mar, do IES Terra de Trasancos e do CRA de Narón participaron nas diferentes modalidades deste certame, para alumnado de educación Infantil, Primaria e ESO. O citado venres, a partir das 10.00 horas terá lugar o acto de presentación de parte dos traballos desta convocatoria: concretamente os das modalidades de canción, representación teatral, conto, recitado dun poema e conto dramatizado, segundo a opción elixida en cada caso.

Os alumnos levan varias semanas traballando nas aulas nestes contidos e unha parte dos traballos realizados, concretamente os murais, contos ilustrados e cómics poden verse no Pazo da Cultura ata o vindeiro 11 de maio.

Os premios que se concederán neste certame, valorados en conxunto en 8.000 euros, entregaranse o vindeiro 10 de maio e consistirán en bonos en especie que poderán canxear os gañadores e gañadoras en establecementos da cidade.

“Este certame representa unha excelente oportunidade para que os alumnos dos centros de ensino de Narón exalten a nosa lingua, dando visibilidade á nosa cultura a través de diferentes medios e contando coa colaboración do persoal docente, ó que tamén queremos agradecer particularmente a súa implicación dende o Concello”, asegurou Taibo.

Lea también

La AVV de Piñeiros Narón convoca una reunión para tratar la mejora de la seguridad vial de la carretera do Feal

  José Francisco Pita presidente de la Asociación Vecinal de Piñeiros expone a través de …