Espectáculo teatral «RIF (de piojos y gas mostaza)» en Narón

O Pazo da Cultura de Narón acollerá este sábado, día 23, a representación da peza de teatro contemporáneo “RIF (de piojos y gas mostaza)”, da compañía Micomicón.

A cita será ás 20.00 horas e as entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es a un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Os protagonistas desta peza son tres soldados do exército español que se atopan nas terras do RIF tralo Desastre Annual do 21 de xullo de 1921. Eles representan ós milleiros de mozos españois arrincados dos seus fogares e tamén ós milleiros de fifeños que se viron obrigados a loitar no lado español para mitigar a súa fame e miseria.

A través das súas historias e vivencias percorrerán lugares tristemente míticos, desfilando ante o público personaxes clave das guerras. Laila Ripoll e Mariano Llorente son os autores desta peza, dirixida e adaptada por Ripoll e de aproximadamente dúas horas de duración.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …