Preto de 50 rapaces participaron nos programas de conciliación en Semana Santa, Narón

Preto de medio cento de rapaces participaron nos dous programas de conciliación impulsados dende o Concello de Narón con motivo das vacacións de Semana Santa: “Recupera: Narón por un consumo responsable” e o Campamento de Semana Santa.

Os edís de Mocidade, Pablo Mauriz; Deportes, José Oreona, e Igualdade, Mar Gómez, e a responsable do Servizo Sociocomunitario da cidade, Mercedes Taibo, desprazáronse na xornada de onte á Casa da Mocidade e ó colexio da Gándara para despedir ós participantes nestas iniciativas

Os representantes do goberno local aproveitaron a visita para coñecer de primeira man as impresións das rapazas e rapaces que participaron na convocatoria. Todos eles tiveron a oportunidade, en función de cada unha das propostas, de implicarse activamente nas diferentes propostas, todas elas de balde, que se sucederon os días 11, 12, 13 e que remataron o luns día 18 do presente mes

O consumo responsable, o coidado do medio ambiente, a reciclaxe de roupa, roteiros de sendeirismo pola zona e obradoiros de creación de personaxes con materiais reciclados foron algunhas das propostas do programa “Recupera: Narón por un consumo responsable”, organizado dende a concellería de Mocidade

En canto ó Campamento de Semana Santa, ofrecía a maiores servizo de madrugadores e de acompañamento ata a recollida ao mediodía. Os participantes centráronse en contidos educativos transversais, prestando especial atención na educación para a paz e a non violencia, a igualdade de xénero, a diversidade e o coidado medioambiental, entre outros temas

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …