Xornada formativa sobre os Fondos Europeos Next, Narón

O salón de actos da Cooperativa do Val acollerá este xoves, día 7 de abril, a xornada formativa sobre os fondos Next Generation organizada polo Concello de Narón e na que colabora a citada entidade, tal e como recordou o edil de Promoción Económica, David Pita.

A convocatoria terá lugar ás 18.00 horas e poderán asistir todas as persoas interesadas. Beatriz Alonso, licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía, na especialidade de Administración Pública, pola Universidade Complutense de Madrid, será a persoa encargada de informar aos asistentes.

O fondo Europeo de Recuperación permitirá a España obter 140.000 millóns de euros a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia España 2021-2023. A transición ecolóxica, a transformación dixital, a igualdade de xénero e a cohesión social e territorial son as áreas nas que se vertebrarán as citadas axudas europeas.

Dende o Consistorio animouse a asistir a esta xornada formativa a todas aquelas persoas que desexen coñecer máis polo miúdo o tipo de fondos que chegarán de Europa e como poder acceder ós mesmos e tramitalos, no caso de consideralo oportuno para materializar ou reforzar proxectos empresariais.

Lea también

La naronesa Ruth Ortega se proclama campeona del TER European Trophy Damas 2026

El automovilismo gallego  está de enhorabuena tras el histórico triunfo cosechado por Ruth Ortega. La …