Xornada de portas abertas con motivo dos actos do Día Internacional do Pobo Xitano, Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a edil de Benestar Social, Catalina García, desprazáronse este martes, día 5 de abril, á Casa da Cultura da cidade para participar nas visitas guiadas convocadas esta semana ás instalacións con motivo dos actos do 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano.

A finalidade desta convocatoria de visitas, que estará en vigor ata este venres, día 8, é visibilizar o traballo que se realiza dende o Concello coa poboación xitana.

Xunto con persoal técnico, Ferreiro e García percorreron as instalacións e coñeceron de primeira man o traballo que se desenvolve nas citadas instalacións municipais, donde se atenden a un total de 101 familias de etnia xitana, das que 99 son de Narón.

En colaboración co Concello desenvólvese un programa de reforzo educativo, un día á semana e no que participan unha decena de menores, e tamén un obradoiro de costura, dous días cada semana, ó que tamén acuden unha decena de mulleres. A maiores, tamén se desprazan á Casa da Cultura un grupo de rapaces que asisten a unhas clases de reforzo para obter o permiso de circulación.

O Concello mantén dende hai anos un convenio de colaboración coa asociación Acción Familiar Ferrol (AFA), a través do que se desenvolven estas e outras accións, encamiñadas todas elas a contribuír ó desenvolvemento e á integración social do colectivo xitano. Ademais da achega económica que contempla o acordo, dende o Concello tamén se colabora con persoal do Servizo Sociocomunitario Municipal, en coordinación co que se implantan os diferentes programas.

A través do acordo co Concello tamén se traballa coas familias de etnia xitana nos itinerarios de búsqueda de vivenda e de emprego, realízanse acompañamentos sociais, e outras iniciativas, coa finalidade de acadar a plena inserción do colectivo na sociedade.

As persoas que desexen coñecer ese traballo que se realiza en base á colaboración entre o Concello e AFA Ferrol poden facelo esta semana na Casa da Cultura, ata o venres, en horario de 10.00 a 14.00.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …