Cinco toneladas de axuda humanitaria para Ucrania, Narón

Persoal do Centro de Recursos Solidarios de Narón trasladará este venres día 25 de marzo, ó almacén central da asociación AGA-Ucraína, na Coruña, tres toneladas de produtos de primeira necesidade para enviar á poboación de Ucraína.

Todos eses produtos foron doados por particulares e empresas ata o pasado 18 de marzo, a través dunha campaña impulsada conxuntamente polo Concello de Narón e o Centro de Recursos Solidarios de Narón e na que, en conxunto, se recolleron algo máis de cinco toneladas de produtos (5.096, 50 quilos).

Dende o Concello de Narón agradécese publicamente a colaboración de todas as persoas que puideron doar alimentos, roupa e outro tipo de produtos que se requeriron para axudar á poboación ucraína. Así mesmo, agradeceuse a implicación e colaboración dos Centros Comunitarios das Vivendas da Mariña e Manuela Pérez Sequeiros, donde se centralizou a recollida, a maiores do Centro de Recursos Solidarios, instalacións estas últimas donde se clasificaron e empaquetaron as doazóns para trasladalas por estrada.

Roupa de abrigo (térmica), mantas, comida (conservas, precociñados, leite en pó e comida para bebés…), e tamén sacos de durmir, colchonetas, produtos de hixiene persoal, mantas, kits de costura, servilletas húmidas, lanternas, mecheiros, tendas de campaña… e medicamentos (alcohol, auga osixenada, antisépticos, gasas, suero fisiolóxico, esparadrapo, tiritas, máscaras, luvas de látex ou vinilo..) forman parte do material doado.

Lea también

El Club de Baile Deportivo Narón realiza una exhibición en la Plaza de Eventos de Odeón este sábado

El Club de Baile Deportivo Narón junto a la Escuela de Baile Tedaga, realizarán este …