O Concello de Narón adheriuse a «La Hora del Planeta 2022», unha iniciativa de WWF España coa que administracións, empresas e particulares movilízanse para apoiar accións contra o cambio climático e a favor da natureza, apagando o alumeado de edificios, monumentos, vivendas…
A alcaldesa, Marián Ferreiro avanzou que na xornada na que se conmemora La Hora del Planeta, este sábado, día 26 de marzo, o Concello apagará as luces da glorieta de Freixeiro no horario establecido, entre as 20.30 e as 21.30. Durante esa hora apagaranse as luces en varias zonas do mundo para reclamar unha maior ambición e accións urxentes co fin de deter e revertir a perda da natureza para o ano 2030.
A organización incide en que o cambio climático e a perda da natureza combinadas poñen en perigo a nosa calidade de vida e a das xeracións futuras. Dende o Concello anímase á cidadanía a sumarse o vindeiro sábado á campaña “La Hora del Planeta 2022” para aforrar enerxía e respaldar este tipo de accións a favor do clima, apagando as luces entre as 20.30 e as 21.30 horas