O Punto Violeta itinerante de Narón estará ubicado este sábado, día 19 de marzo, na zona do Alto do Castiñeiro, concretamente á altura do número 278, nas proximidades da rotonda de acceso ano novo centro de saúde dende a estrada de Castela, entre as 22.00 e as 02.00 horas.
Así o recordou a edil de Igualdade, Mar Gómez, que incidiu na importancia de “contar con este punto informativo en diferentes espazos da cidade para lograr que toda a sociedade se implique activamente na loita contra a violencia machista e dispoña de ferramentas coas que poder detectar posibles casos e tamén recibir o asesoramento necesario dende as administracións, en materia de prevención e atención ás vítimas e ás súas familias”.
O vindeiro sábado, día 26, o Punto Violeta de Narón atenderá tamén á cidadanía que se achegue no mesmo punto e ubicación e posteriormente localizarase, en marzo e abril, nas inmediacións dos tres centros de saúde da cidade.
No do Alto do Castiñeiro estará o día 28 de marzo, e en abril estará xunto ó do Val o día 4 e do de Pedroso o día 11. O horario de atención nos centros de saúde será de mañá, de 09.00 a 13.00
O Punto Violeta de Narón púxose en marcha a través dunha subvención concedida polo Ministerio de Igualdad (Pacto de Estado contra la violencia de género).