A alcaldesa e presidenta da empresa mixta Cosma, Marián Ferreiro, recibiu o xoves, día 18 de marzo, da man de Francisco Javier García Linares, Director de Delegación de Aqualia, o premio outorgado á compañía en «Recoñecemento do esforzo preventivo 2021».
Este recoñecemento outorgárono a delegación en Galicia de Aqualia e a Zona I de Aqualia, empresa que convoca esta iniciativa, na que se destacou especialmente o contrato de Cosma. Ferreiro agradeceu o recoñecemento, asegurando que “este é un premio a todas e todos os traballadores de Cosma, polo seu bo facer día a día e polo seu compromiso coa empresa e coa cidade na que traballan”.
No acto estiveron tamén presentes o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, o xerente de Cosma, José Manuel Marcote e o persoal da empresa, con sede na rúa do Rosal.
Para a concesión do premio recoñeceuse o feito de que en Narón se leven cinco anos sen accidentes con baixa no contrato, o seu compromiso e implicación coa seguridade e a saúde laboral do plantel e cos procedementos internos da empresa e a capacidade para proponer e levar a cabo melloras e iniciativas favorables á redución da sinistralidade no servizo (App Suit Cosma).
Nesta aplicación están dixitalizados os plans de inspección e permisos de traballo da citada empresa, podendo os operarios e o encargado cubrilos dende un móbil ou unha tablet e xerar un informe segundo as plantillas establecidas.
Así mesmo, destacouse a colaboración e proactividade co departamento de Saúde e Benestar para a mellora continua no ámbito da seguridade e saúde laboral do servizo.
Ferreiro e García deron os parabéns ós traballadores de Cosma e animáronos a continuar na mesma liña, destacando a importancia das labores preventivas.