Axenda cultural desta «finde» en Narón

Venres 18 de marzo de 2022

Actividade: VII Festival Internacional do monólogo teatral “Singular”: Esas cousas marabillosas (estrea) Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura

O actor Elisardo de la Cruz protagoniza esta comedia de Empatía Teatro, que comeza cando o público entra na sala e é recibido polo actor, que lles dá a benvida, os acomoda e lles entrega un papel co que xogarán no espectáculo.

As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Sábado 19 de marzo de 2022

Actividade: VII Festival Internacional do monólogo teatral “Singular”: La ciudad de las damas Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura

Este monólogo protagonizado por Dayana Contreras, (Cuba) está baseada na obra “La ciudad de las damas”, da poeta francesa Cristina de Pizán.

Trata o tema da imaxe que se tiña das mulleres no século XV e tamén o seu rol na actualidade, onde seguen a loita pola igualdade de dereitos. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Domingo 20 de marzo de 2022

Actividade: VII Festival Internacional do monólogo teatral “Singular”: Corochas Hora: 18.00 Lugar: Café Teatro do Pazo da Cultura

A narración oral, a manipulación de obxectos e a música forman parte deste espectáculo no que se darán a coñecer personaxes estrafalarias que teñen que resolver moitos enredos. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral, de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 12 anos

Lea también

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza un obradoiro de toque de pandeireta

A Xornada terá lugar este domingo 13 no Centro Cívico Social de Sedes e será …