Charla aberta sobre a factura da luz a través da iniciativa “Venres de consumo responde”, Narón

A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia a iniciativa “Venres de consumo responde” con motivo da celebración do Día mundial dos dereitos dos consumidores.

Esta convocatoria, tal e como indicaron, créase con vocación de permanencia e consistirá en celebrar todos os venres ás 12.30 horas charlas abertas nun aula virtual de consumo dunha temática para que a cidadanía poida consultar as súas dúbidas.

Este mesmo venres terá lugar a primeira, sobre a factura da luz e que se poderá ver a través do enlace: https://formacion-consumo.xunta.gal/login/index.php, debendo premer no mesmo e unha vez dentro da plataforma do Instituto Galego de Consumo e da Competencia acceder como convidado, tal e como apuntaron

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …