Sepes estudará a opción de alugueiro con opción a compra nas parcelas de Río do Pozo

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, reuniuse este mércores, día 16 de marzo, en Ferrol co director xeral da Entidad Estatal del Suelo (Sepes), Fidel Vázquez, o director de Relacións Institucionais, Francisco Palmero, e Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, nun encontro no que tamén participaron o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e alcaldes e edís dos concellos de Valdoviño, Cedeira, Fene, As Pontes e Cabanas, ademais do concelleiro naronés Santiago Galego.

A convocatoria foi unha primeira toma de contacto entre as partes dende o nomeamento, hai un par de meses, de Fidel Vázquez como director Xeral da Sepes. Os representantes das administracións locais tiveron a oportunidade de plantexarlle aos representantes da Sepes e da SEA a situación industrial de cada municipio, no ámbito dos parques empresariais.

No que respecta a Narón a alcaldesa plantexou á Sepes a necesidade de que “nuns tempos tan complicados se poida rebaixar o prezo das parcelas do polígono de Río do Pozo para darlles saída ou, materializar iniciativas como as que están en marcha noutros concellos para ofrecer a posibilidade de alugueiro de parcelas con opción a compra”.

O director xeral da Sepes comprometeuse na reunión a analizar para Narón a alternativa de “dereito de superficie” (alugueiro con opción a compra), e asegurou na convocatoria que “coincido coa alcaldesa de Narón en que esa opción que se aplica noutras partes do territorio é unha alternativa nestes momentos e como tal abordarémola”.

Ferreiro calificou de “satisfactoria” a xuntanza e valorou a comprensión amosada polos representantes tanto da Sepes como da SEA para revisar a situación de cada concello e tamén a súa aposta por “estudar alternativas que faciliten o asentamento de novas empresas nos polígonos industriais de Narón e do resto da comarca nuns tempos complicados para o sector”.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …