Espectáculos do Festival Internacional do Monólogo Teatral «Singular», Narón

O Pazo da Cultura de Narón continuará acollendo esta fin de semana espectáculos programados con motivo da sétima edición do “Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular”.

A primeira das citas será este venres día 18 de marzo, coa estrea da peza “Esas cousas marabillosas”, protagonizado por Elisardo de la Cruz e da compañía Empatía Teatro. A obra dará comezo ás 20.30 horas, cando o público entrará na sala e será recibido polo actor. Este monólogo, con moitos personaxes e situacións que se desenvolven coa axuda do público, é unha comedia sobre a depresión e o suicidio e na que se recalcan especialmente todas as cousas polas que vale a pena vivir.

Este sábado día 19 de marzo, ás 20.00 horas, será o turno da cubana Dayana Contreras, que chega a Narón co seu espectáculo “La ciudad de las damas”. Dayana é unha emigrante que leva varios anos vivindo en España pero que non consigue escapar dos tópicos cos que se relaciona a unha persoa emigrante e na que se alza a voz pola igualdade de dereitos. Este monólogo parte do libro “La ciudad de las damas”, escrito pola poeta e filósofa Cristina de Pizán, que viviu en Francia no século XV.

A terceira das propostas desta semana do Festival “Singular” será o domingo 20, coa peza “Corochas”, de Xarope Zulú. Trátase dun espectáculo de pequeno formato dirixido á primeira infancia (0 a 3 anos) e combina a narración oral, a manipulación de obxectos e a música. O público viaxará coa actriz Atenea García, protagonista da peza, por diversas paisaxes e coñecerá personaxes estrafalarios que deben resolver múltiples enredos.

As entradas para estas obras poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo da Cultura ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …