O concello de Narón convoca unha praza de conserxe

O Concello de Narón convoca unha praza de conserxe mediante sistema de oposición, en quenda libre, para a que xa se poden presentar as solicitudes por Rexistro ou a través da Sede Electrónica de Narón.

O prazo manterase aberto durante vinte días, contados dende o mércores, día 2 de marzo, a resolución publicouse no Boletín Oficial do Estado do 1 de marzo.

O edil de Persoal, Pablo Mauriz, indicou que a titulación esixida para poder presentarse é a de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente e no Boletín Oficial da Provincia do pasado 17 de decembro poden consultarse as bases específicas para a provisión desta praza.

O proceso selectivo inclúe catro exercicios: un cuestionario de 20 preguntas curtas; o desenvolvemento dun tema do programa; o desenvolvemento dun ou varios supostos prácticos e a tradución dun ou varios textos en galego.

Lea también

Narón súmase un ano máis ao programa “Vacacións en Paz” para acoller menores saharauís no verán

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) fai un chamamento ás familias de Narón …