Recollida de produtos 1ª necesidade para axudar á poboación de Ucraína, Narón

O Concello de Narón súmase ás iniciativas solidarias de axuda humanitaria a Ucraína e estableceu tres puntos de recollida para as persoas que desexen colaborar e axudar á poboación que sofre o impacto da actual guerra no país.

Dende o Concello anunciouse que a partir do vindeiro luns, día 7, se poderán levar produtos de primeira necesidade ó Centro de Recursos Solidarios de Narón de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 e os mércores tamén de 17.00 a 19.00 horas; e ós Centros Comunitarios das Vivendas da Mariña e Manuela Pérez Sequeiros en ambos casos de 9.30 a 21.00 horas

Recollerase comida (non perecedeira), roupa térmica, sacos de durmir, mantas, produtos de hixiene persoal, kits de costura, luvas e calcetíns, esterillas e colchonetas, servilletas húmidas e powerbanks para a poboación civil.

Así mesmo, para o exército de Ucraína tamén se recolle ese mesmo material e lanternas e baterías, ferramentas de supervivencia, tendas de campaña, mecheros, produtos sanitarios, botiquíns, vendas, talco…, botas militares.

No que respecta ós medicamentos, en función das indicacións realizadas dende entidades que traballan nesta iniciativa solidaria, tamén se solicita auga osixenada, alcohol, antisépticos, suero fisiolóxico, luvas de látex ou vinilo, tiritas, máscaras…

Dende o Consistorio naronés agradécese de antemán a colaboración de todas as persoas que poidan doar algún dos produtos indicados para axudar á poboación de Ucraína.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …