Este domingo, día 6 de marzo, celebrarase a primeira edición da “Carreira pola Igualdade Concello de Narón” unha iniciativa impulsada polo Consistorio con motivo dos actos do Día Internacional da Muller que se conmemora cada 8 de marzo.
Algo máis de 370 persoas están inscritas no evento, que pechará este xoves, día 3 de marzo o prazo para poder anotarse, tal e como recordou o edil de Deportes, José Oreona. As persoas interesadas en participar poden anotarse este mércores 3 ou este xoves 4 de marzo a través da web: www.carreirasgalegas.com donde se pode atopar tamén toda a información deste evento deportivo.
A carreira terá a saída e a meta no pavillón polideportivo da Gándara e nas categorías absolutas realizarase un percorrido de cinco quilómetros aproximadamente que discorrerá polo termo municipal.
Así mesmo, tamén se habilitaron tramos para as categorías de prebenxamín 100 metros; benxamín 500 metros; alevín sub-12 1.500 metros; infantil sub-14 1.500 metros; cadete e xuvenil 2.000 metros.
As saídas están programadas dende as 10.00 horas, en función da categoría. Nesta carreira poden participar tamén persoas nas categorías de cadeira de rodas, hadbike, invidentes e discapacitados intelectuais, todas elas non oficiais da Federación Galega de Atletismo.
Ó remate da carreira entregaranse premios ás tres primeiras mulleres e homes que cheguen á meta na categoría absoluta e nas categorías non oficiais tamén se premiarán ós tres primeiros homes e mulleres.
A participante feminina de maior idade que remate a proba recibirá un premio e nas categorías de menores entregaranse medallas a todas as persoas participantes.
O Concello habilitará tamén neste evento o Punto Violeta de Narón, que de 10.00 a 14.00 horas se poderá visitar nas inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara.
Ofrecerase información e asesoramento en materia de prevención da violencia de xénero a todas as persoas que se acheguen ó Punto Violeta, que estará atendido por dúas persoas.