O BNG de Ferrol propón un roteiro histórico para lembrar o 50 aniversario do Día da Clase Obreira Galega

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol invita a participar o vindeiro domingo, 6 de marzo, nun roteiro histórico para conmemorar o 50 aniversario do Día da Clase Obreira Galega e lembrar os sucesos e a loita obreira de marzo do 72 na nosa cidade.

Iván Rivas, portavoz do BNG, considera que «non pode pasar desapercibido que hai 50 anos aconteceu nesta cidade a loita de traballadores e traballadoras que foi reprimida por un estado antidemocrático, na defensa dos dereitos de todos e de todas.«

O BNG deseñou un roteiro histórico que, partirá ás 11:30 horas da porta de “Bazán” e repasará diversos aspectos relacionados cos sucesos de marzo do 72: a loita obreira, a represión policial, a solidariedade até o significado desta data e os seus logros. Esta actividade estará guiada polo historiador Joam Lopes e contará, ademais, coa participación de persoas que foron protagonistas destes feitos como: Alfonso Tellado, Francisco Rodríguez ou Anxo Ferreiro.

Iván Rivas, portavoz nacionalista no Concello de Ferrol, indicou que con esta actividade o BNG «quere contribuír a que as conmemoracións do 10 de marzo do 72 non se convertan nun muro das lamentacións e sexan uns actos de recoñecemento e posta en valor da loita dos traballadores e traballadoras galegas para combater a precariedade e a pobreza.«

O BNG lembra que a tráxica data do 10 de marzo, as folgas de Vigo desde mesmo mes e o asasinato posterior de Moncho Reboiras en Ferrol «foron o xerme doloroso do sindicalismo galego actual e demostran a dignidade e loita do pobo galego contra o réxime franquista que foi fortemente represor desde os seus inicios até o seu fin.«

Lea también

Disconformidad de Ferrol en Común con el plan de reurbanización del Sánchez Aguilera

El plan de reurbanización del antiguo cuartel Sánchez Aguilera no es del agrado de Ferrol …