Unha unidade móbil de ADOS desprazarase á cidade de Narón

Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase este mércores 23 de febreiro á cidade de Narón, estando operativa ó carón do novo Centro de Saúde de 15.30 a 21.00 horas e este xoves 24 de febreiro na praza da Constitución da Solaina desde as 15.30 ata as 21.00 horas, segundo avanzaron desde ADOS.

Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción.

Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

Lea también

Axenda en Narón o 27 e o 28 de abril

Sábado 27 de abril de 2024 Actividade: Danza tradicional “Ceibe” Hora: 20:00 Lugar: Pazo da …